A nosa empresa nace en Meira como un pequeno negocio de tipo familiar fundado por Manuel Méndez García “Casa Perulo” no ano 1944, dedicándose no seu comezo ás actividades relacionadas coa distribucíon de materiais de construción.

Posteriormente, polas necesidades de funcionamento, constitúese en 1987 a empresa Almacenes Méndez S.L., onde se integra a segunda xeración representada polo administrador Luciano Méndez Lodos. A pesar de medrar desde a súa fundación segue sendo e considerándose unha pequena empresa familiar e así se entende no trato personalizado que mantén cos seus clientes, xeralmente amigos.

A empresa considera que o activo máis importante que posee é o humano, formada por 7 persoas en plantilla. Ademáis dispón de 3 almacenes, situados en Meira e proximidades, así como diversa maquinaria de transporte ou manipulación.

A súa actividade desenvólvese a nivel provincial, tendo algúns clientes en puntos bastante afastado. Facemos gala de realizar un bo servizo, non só limitándonos solo a vender un produto, senon que nos permitimos recomendar o máis axeitado para cada uso ou necesidade, buscando unha mellor calidade que redunda nunha fidelización do cliente.

A amplia experiencia no sector móstrase nunha selección de produtos de calidade e exclusivos asociados aos mesmos, que poñemos a disposición dos nosos clientes a un prezo competitivo.

Tratando de aumentar a nosa competitividade, desde 1997 somos partícipes da maior cooperativa de almacéns de construción de Galicia, o grupo ALCONGAL, con dous almacéns, un central en Curtis (Teixeiro) e outro almacén-tenda en Lalín (Pontevedra).

« de 9 »